A mediados do mes de maio, coincidindo coa celebración do I/O 2016, Google anunciou dúas novas aplicacións de mensaxería, Duo e Allo, cunha data de lanzamento incerta prevista para este verán.
Malia non estar aínda dispoñíbeis na Play Store, Google vén de retocar o deseño das súas iconas identificativas, e imaxinamos que tamén o das aplicacións en si, de cara a un eventual lanzamento que prevemos máis ca inminente.
No caso de Allo, aplicación de chat, múdase o cor ao amarelo, integrando no interior unha burbulla branca de conversa que tamén podemos entender como o “a” de Allo. Por outra banda, Duo mantén a icona azul, co símbolo dunha videocámara no interior e emulando un “d” de Duo.
Agardemos que estas novidades sexan o preludio dun lanzamento inmediato e non teñamos que agardar á chegada dos novos Nexus, que malia non faltar moito supón unha espera maior.