Filtradas imaxes do Asus ZenWatch 3 previsto para o IFA

Hai apenas uns días anunciamos que Asus prepara o seu primeiro smartwatch circular, o ZenWatch 3, previsto para o IFA de Berlín. O trebello en cuestión vén de ser descuberto grazas á primeira imaxe que se filtra do mesmo, no que podemos ver un deseño que se aproxima aos modelos de Huawei, Motorola e LG.

Malia que podería tratarse dun prototipo ou un acabado específico dentro dunha gama máis ampla, viríase a confirmar a presenza de acabados en dourado cando menos na esfera, botóns de funcionamento e coroa.

Malia ter trascendido pouco das súas especificacións, está previsto que o novo modelo veña con Bluetooth 4.2 e WiFi, acompañado dun cargador de 2 Amperios, o que permitirá a carga rápida do reloxo, aínda que polo xeral son dispositivos que adoitan estar plenamente cargados en pouco tempo.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply