Samsung anunciará un novo reloxo o 1 de setembro no IFA de Berlín

En termos tecnolóxicos, o verán remata co IFA, a gran feira da electrónica que se celebra cada ano en Berlín. E pensando nela, Samsung vén de comezar a enviar os convites para o seu próximo “gran anuncio“, apenas uns días despois de coñecérmonos o Galaxy Note7.

A imaxe do convite integra as agullas dun reloxo, polo que exercendo de Capitán Obvio podemos dicir sen temor a equivocarnos que aló coñeceremos o novo Gear S3. Por raro que pareza, a estas alturas aínda non se coñecen moitos datos, aínda que se espera que repitan a fórmula dun modelo circular con Tizen e en dous acabados, un de aspecto deportivo e outro máis de vestir.

samsung ifa 2016

Será quen de sorprendernos Samsung este ano cos seus novos reloxos?

Sobre o autor

Reply