Xa está dispoñíbel Duo, a app de vídeochamadas de Google

No pasado Google I/O, a empresa de Mountain View presentou novas apostas no campo da comunicación instantánea. Estas propostas foron Allo e Duo. Como xa vos contamos daquela, son dúas aplicacións independentes destinadas ao envío de mensaxes (Allo) e a realización de videochamadas (Duo).

Polo de agora a oferta de Google neste mercado está algo saturada, pois contamos con Hangouts, Allo, Duo, o chat de Youtube e Spaces pero malia que se podería simplificar a oferta, polo de agora Google quere manter as equipas de desenvolvemento por separado, aínda que se agarda a fusión entre Allo e Duo.

google duo - 1

Para probar Allo aínda teremos que agardar un pouco máis, pero é a que máis promete grazas á integración con Google Assistant e ao seu funcionamento baseado en bots intelixentes, pero a nova de hoxe é que Duo comeza a chegar a todas aquelas que estaban rexistradas, podendo así facer as primeiras videochamadas con esta app.

Duo basicamente é unha app de videochamadas limpa e sinxela que se centra na maximización da calidade das chamadas en zonas de pouca cobertura, ofrecendo a mellor experiencia posíbel, e para usala só teremos que rexistrarnos co noso número de teléfono.

Polo de agaora, Duo está chegando de xeito escalonado pero premendo nesta ligazón á Play Store, veredes se xa podedes descargar de xeito gratuito a aplicación.

Sobre o autor

No Responses

Reply