Analizamos o Huawei G8

Estes días puidemos probar o Huawei G8, tamén coñecido como Huawei Rio), un trebello que resulta ser unha interesante opción dentro do portfolio de dispositivos que ten a compañía chinesa.

huawei g8 rio 03

Malia non ser dos dispositivos máis coñecidos de Huawei (ao ficar eclipsado polos P8, P9 e variantes), o trebello dispón dun hardware bastante completo e que en conxunto funciona bastante ben.

  • Procesador Snapdragon 615, de oito núcleos (4 x 1,5 GHz, 5 x 1,2 GHz)
  • Pantalla IPS FHD de 5,5 polgadas
  • Almacenamento e RAM: versións de 16 / 2 GB e de 32 / 3 GB
  • Cámara principal de 13 megapíxeles, con apertura f/2.0, autofocus e flash LED dual.

O hardware compleméntase con Android e a interface propia do fabricante, Emotion IU 3.1, que en conxunto acadan un rendemento do dispositivo máis ca aceptábel. En xeral, responde bastante ben a todo tipo de situacións, e nas transicións ou apertura de aplicacións non atopamos o maldito lag que nalgúns dispositivos emborrona as boas sensacións xerais.

Non debemos esquecer que non estamos a falar dun terminal premium, mais o certo é que por sensacións achégase bastante. Desde Huawei quixeron apostar polos acabados metálicos, que sempre sentan moi ben na man, ademais de que amosa unha sensación cualitativa moito máis alta.

huawei g8 rio 02

Ademáis, o Huawei G8 conta con lector de pegadas dixitais, unha funcionalidade que xa está presente na práctica totalidade dos dispositivos que se poñen á venda, ademais de dualSIM, soporte para 4G/LTE e NFC, cada vez máis demandada por todas as persoas que queren empregar o seu dispositivo para facer pagamentos móbiles.

No apartado de cámara, o dispositivo funciona bastante ben, sobre todo (e como era de agardar), cando as condicións de luz son boas, onde sobrepasa as espectativas da maioría das usuarias, se ben é certo que polo seu prezo agardábamos algo máis. No noso perfil de Flickr podedes ver unha pequena galería de imaxes tomadas con este trebello.

Conclusións

Como conclusión principal podemos dicir que é un dispositivo moi a ter en conta por aquelas usuarias que andan na procura dun dispositivo que coida tanto o deseño como os materias de fabricación, e que precisan ter un bo rendemento no seu día a día, sen medo a quedar sen batería, pois é capaz de chegar ao final do día con carga.

O Huawei G8 podémolo atopar dentro do portfolio de varias operadoras para a súa compra a prazos. En tendas como Amazon podemos atopalo por uns 335 euros na versión de 32 / 3 GB.

Temos que agradecer a Antonio pola súa achega, grazas á cal fixemos esta análise.

Sobre o autor

Reply