Poucas opcións teñen aquelas persoas que precisan tarifas cun alto volume de gigas incluídos, pois polo de agora non son a principal baza na meirande parte das operadoras. Porén hai excepcións, e unha delas é Masmóvil, que ofrece ás usuarias tarifas até 8 GB con chamadas ilimitadas por 26,90 €.
Promocionalmente, as contratacións realizadas até o 31 de outubro, tanto contrato como recarga automática poderán gozar dun desconto na tarifa durante os tres primeiros meses de facturación, quedando en 19,90 €, tras os cales pasarase a cobrar a cota estándar de 26,90 €.
Esta promoción tamén afecta á tarifa MÁS 3 GB (3 GB de datos e chamadas ilimitadas), que as novas altas poden disfrutar durante 3 meses a 16,90 €, para logo pasar a pagar os 19,90 €/mes habituais.
Malia non tratarse de prezos finais e ser meras promocións, o certo é que o prezo final tamén resulta bastante atractivo, o que pode animar a moitas usuarias a probar nesta compañía.