Son moitos os fabricantes chineses que apostan pola gama media, entre eles Gionee, unha marca non demasiado coñecida que vén de lanzar un novo terminal de gama media, o Gionee S6s, especialmente orientado cara o mercado chinés e da India.
O trebello integra unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución FullHD (1920 x 1080 p), e no seu interior integra un procesador MediaTek 6753 de oito núcleos a 1,3 GHz, xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, que poden ser ampliados mediante tarxetas microSD nun slot que pode facer tamén de segundo lector de tarxetas SIM
A cámara principal é de 13 megapíxeles, cunha apertura f/2.0 e autoenfoque con detección de fase, mentres que o sensor frontal fica nos 8 Mpx, cunha apertura f/2.2. Complementan as súas especificacións unha batería de 3150 mAh e sensor de pegadas dixitais na parte traseira.
O material principal empregado na súa fabricación, e o sistema operativo é Android 6.0 Marshmallow, personalizado cunha capa chamada “Amigo”, na súa versión 3.2.
O Gionee S6s está dispoñíbel por 268 dólares (uns 236 euros ao cambio), de momento unicamente na India, Pódese adquirir en oro rosado, prata ou ouro.