PayPal xa permite iniciar sesión coa pegada dixital nos Android Marshamallow

Os lectores biométricos xa forman parte das nosas vidas, e raro é o terminal que non inclúe hoxe en día un sensor de pegadas dixitais que nos permita poñer unha barreira de seguridade que protexa a nosa privacidade.

Porén, desbloquear o móbil non é o único uso que teñen os lectores de pegadas dixitais, e cada vez son más as aplicacións de terceiros que empregan este sistema para autenticar ás usuarias. Un bo exemplo son as apps dos bancos (Abanca, ImaginBank…), ás que se vén de sumar agora PayPal.

As usuarias de PayPal que dispoñan dun terminal Android con Android 6.0 Marshmallow ou superior poderán facer uso desta funcionalidade para acceder ás súas contas, unha opción que até o de agora estaba limitada a un número moi reducido de modelos.

Sobre o autor

Reply