Google confirmou tanto o nome coma o fabricante dos seguinte integrantes da familia Nexus. Son o Nexus Sailfish e Marlin fabricados ámbolos dous por HTC dos que vos falamos neste artigo. O que até o de agora non sabiamos eran os prezos nin tiñamos moita información do deseño. Imos por pasos.
A filtración apunta a que os prezos rondarán:
- 599$ para o Nexus Marlin de 32GB.
- 449$ para o Nexus Sailfish de 32GB.
O Nexus 5 foi o derradeiro terminal Nexus de baixo prezo, liña que se rompeu coa anterior parella de Nexus e os novos semellan confirmar esta política de prezo. Iso sí, estes prezos semellan ser un pouco máis baixos ca os dos Nexus 6P e 5X que custaban 649€ e 479€ respectivamente.
Lembrade que só é un rumor e os prezos poden variar e a ver a que prezo chegan en euros.
En canto ao deseño, filtráronse as seguintes imaxes que nos achegan un pouco máis ao deseño final dun dos Nexus, o Sailfish.
En canto teñamos máis información sobre os Nexus irémosvolas contando.