O sistema de notificacións de Android é moi potente, pero se son moitas as que recibimos dificúltase o acceso ás mesmas. Para evitar este e outros contratempos, como o borrado accidental, hoxe queremos achegarvos un pequeno truco que nos permite acceder ás notificacións en modo lista de todas as apps que temos no noso terminal.
O truco é o seguinte. De primeiras temos que premer nun oco do escritorio tal e como facemos cando queremos lanzar algún widget; o widget que imos engadir é “acceso a axustes” tal e como vemos na captura.
O seguinte paso é engadilo ao escritorio para logo buscar na listaxe que se nos abre, a opción “rexistro de notificacións”.
Neste momento créase un acceso directo no escritorio e cando prememos sobre ela, aparecen as últimas notificacións recibidas.
Como vos diciamos, non é unha listaxe infinita, pero pode axudarnos a sair dalgunha situación comprometida repasando as notificacións en caso de ser preciso.