Vodafone segue renovando os seus acordos de roaming, imprecindíbeis para que as súas clientas poidan seguir facendo uso dos seus teléfonos cando viaxan ao extranxeiro. Porén, na actualidade non chega con poder chamar ou mandar SMSs durante as viaxes, senón que as usuarias queremos conectarnos a Internet, e facelo nas mellores condicións.
Por iso a Vodafone leva tempo actualizando os convenios con operadoras de outros países para poder ofrecer acceso ás redes 4G en roaming, e cos últimos países engadidos xa superan os 100. Estes países son Tailandia, Ecuador, Colombia, República Dominicana e A India, aínda que en moi pouco tempo tamén se sumarán Costa Rica e Chipre.
Roaming gratuíto en Europa e Estados Unidos, 12 € no resto
Xa temos comentado varias veces no blog que hoxe por hoxe Vodafone é, con diferenza, a mellor opción para viaxar ao extranxeiro, xa que inclúe nas súas tarifas de contrato, sen custe adicional, o roaming nos países da Unión Europea, Islandia, Noruega, Liechtenstein, Suiza, Albania, Turquía e tamén nos Estados Unidos.
No resto de países non incluídos na listaxe de gratuítos, usar o móbil ten un custe diario de 12 € coas tarifas Red, One M, One L, +Líneas M e +Líneas, un prezo que permite chamadas e SMS ilimitados, así como disfrutar dos GB da tarifa contratada. Para o resto de tarifas os 12 € diarios só dan acceso a 20 minutos, 20 sms e 20 MB de navegación.