Haier presenta no novo Haier Phone L55S na IFA de Berlín

Haier presentou, durante a súa presenza na feira IFA de Berlín, un novo terminal con Android no seu interior, o novo Haier Phone L55S. Trátase do último modelo da gama Leissure deste fabricante que hai uns meses deu o salto aos terminais móbiles, logo de moito tempo no mundo dos electrodomésticos.

O L55S está acabado en aluminio, dispoñíbel en varias cores (entre elas o plata, dourado e rosa dourado), e conta cun deseño ultradelgado (apenas 7,55 mm) e lixeiro (135 gramos).

image005

No que ten a ver coas súas especificacións, o trebello incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución 1280 x 720, e no seu interior un procesador Quad Core de 64 bits, xunto 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

Do apartado multimedia destaca a súa cámara principal, de 13 megapíxeles, e completando a folla de características está a presenza de lector de pegadas dixitais. Como sistema operativo, vén con Android 6.0 Marshmallow.

Sobre o autor

Reply