Google prepara unha nova tablet para sustituír a Nexus 7 en colaboración con Huawei

Levamos un tempo falando do evento de Google programado para o próximo 4 de outubro. Primeiro foron os rumores sobre 2 novos teléfonos Nexus e, tempo despois, soubemos que a familia Nexus deixará paso aos novos “Pixel”, o que dará moita máis presenza á marca Google fronte o fabricante do hardware.

Nexus Sailfish filtracion 0

Desta volta, o rumor chéganos da man de @evleaks, un dos filtradores con maior reputación e menor marxe de erro, que apunta a que Google presentará unha tablet fabricada por Huawei que, perdendo tamén a denominación Nexus, terá unha pantalla de 7 polgadas e 4 GB de memoria RAM.

O certo é que maís ou menos poderíamos aagardar a presentación dun dispositivo destas características, pois Android 7.0 Nougat chega cunha serie de tips especialmente deseñadas para sacarlle todo o partido a dispositivos de pantallas algo máis grandes, nomeadamente as tablets.

Todas estas novas son rumores de peso, mais o certo é que aínda teremos que agardar a novas filtracións ou ao propio evento de Google para ver realmente todo o novo hardware que chega. Mais semella que este ano teremos moito do que falar.

Sobre o autor

Reply