Amazon anuncia a Amazon Fire HD 8, dispoñíbel a partir de 109,99 €

O xigante Amazon vén de actualizar o seu portfolio de tablets co lanzamento da nova Amazon Fire HD 8, un trebello con pantalla de oito polgadas, que mellora significativamente as súas especificacións técnicas desde a versión anterior, e cuxo prezo arranca nos 109,99 euros.

A Fire HD 8 incorpora unha pantalla de 8 polgadas con resolución HD, 1280 x 800 píxeles (189 píxeles por polgada). No seu interior leva un procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, xunto con 1,5 GB de memoria RAM e opcións de 16 ou 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD de até 200 GB.

amazon-fire-hd-8-2

No apartado multimedia, a cámara principal é de 2 megapíxeles e a frontal unha simple VGA. Complementan a folla de especificacións unha batería de 4750 mAh, conectividade WiFi e Bluetooth, jack de audio 3.5 mm, porto microUSB e sistema operativo FireOS 5, baseado en Android.

amazon-fire-hd-8-3

A nova Amazon Fire HD 8 xa se pode reservar en Amazon, aínda que non será até o próximo 21 de setembro cando comece a súa distribución. Os prezos son os seguintes:

Que vos parecen?

Sobre o autor

Reply