O fabricante chinés Lenovo presentou no pasado IFA un dos convertíbeis máis interesantes, chamado Yoga Book.
Este dispositivo, que poderemos atopar tanto con Windows 10 coma con Android 6.0.1 Mashmallow, destaca pola súa pantalla dobre de 10,1 polgadas cada unha, que nos permite unha morea de configuracións. Nesta segunda pantalla podemos faacer aparecer un teclado virtual que permite aumentar moito a nosa produtividade ao utilizala ao mdoo de trackpad, podendo tamén empregar un pen de 2014 puntos de presión.
En canto ás especificacións deste 2 en 1, destacamos:
- Doble pantalla de 10,1″ FullHD LCD.
- Intel Atom x5-Z8660 de 4 núcleos a 2.4GHz.
- 4GB de RAM LPDDR3.
- WiFi 802.11 a/b/g/n/ac + LTE (nanoSIM) .
- 64GB de almacenamiento interno.
- Cámara de 8MP e frontal de 2MP.
- 9,6mm de grosor.
- 690g.
- Android 6.0.1 Marshmallow o Windows 10.
Segundo Lenovo a súa batería permitirá até 15 horas de autonomía na versión con Android e 13 se nos decidimos pola versión con Windows 10.
Sairá ao mercado este mesmo mes e os prezos son os seguintes:
- 499€ a versión con Android.
- 599€ a versión con Windows 10.