Samsung anunciou hai algo máis dunha semana que a partir do 19 de setembro as usuarias que posúen un Samsung Galaxy Note7 poderán recibir a unidade de sustitución, logo de ter paralizado a súa comercialización.
A compañía confirmou nun comunicado ter enviado unha mensaxe directa a todos os dispositivos Note7 que se activaron en Europa, solicitando o apagado do terminal e a súa devolución no punto de venda coa maior brevidade posíbel.
Samsung afirma tamén estar informando e colaborando cos organimos e entes reguladores de toda Europa, explicando os plans e últimas actualizacións sobre este tema. Ademais, todos os novos Galaxy Note7 virán cun distintivo na caixa que identificará claramente que o smartphone forma parte dos novos dispositivos e que, polo tanto, pode ofrecer ás consumidoras a tranquilidade e seguridade absoluta de que están a recibir o modelo correcto.
Semella que os traballos de inspección foron exitosos e que os problemas da batería quedaron completamente resoltos nos dispositivos de reemprazo, cuxa distribución comezará nos próximos días.