Welt presenta un cinto intelixente
Welt é un empresa de Samsung encargada de deseñar este cito intelixente que se conecta por bluetooth a o nosos terminais e mediante unha app podemos medir a nosa actividade física diaria. Conta cunha batería de até 20 días que nos proporciona unha autonomia moi interesante.
Como vemos no vídeo temos deseños tanto para muller como para home e podemos reservalo desde 99$ para un modelo casual, e outro de pel por 129$. Ademáis precisaban recadar 30.000$ para comezar o proxecto, cifra que foi superada amplamente, polo tanto, sairá o mercado o vindeiro mes de xaneiro.
Aparece unha app fraudulenta de GH 17
Fai poucos días comezou Gran Hermano 17 e con el, apareceu na Play Store a app oficial do programa desenvolta por Mediaset. Agora ben, baixo o paraugas deste programa de éxito, apareceu na tenda de Google unha app fake da oficial, que calcaba o deseño case ao 100%.
Unha vez instalala nos nosos terminais, pedíanos o número de teléfono e unha vez entregado, quedabamos subscritos a un sistema de mensaxería premium polo cal, comezan a chegar mensaxes de texto cun custo para nós, de 1,45€/sms.
Esta app a estas horas xa desapareceu da tenda de Google, pero queremos que sexades prudentes á hora de instalar apps que logo de facelo piden datos privados. Asegurádevos de que non estades sendo víctimas dúnha estafa.
Non teremos novos reloxos con Android Wear durante a recta final do ano
Esta semana sóubose que nin LG, Motorola ou Huawei van actualizar os seus reloxos con Android Wear e todo apunta a que as baixas ventas son a razón polas que estas empresas non van facer novas presentacións, aló menos polo de agora.
Tamén pode ser que o desenvolvemento da plataforma non se acelera como era de agardar e a isto non axuda que Samsung (Tizen), e máis recentemente Xiaomi deixen de lado Android Wear como sistema operativo para os seus wearables.
Veremos que acontece o vindeiro ano, pero pode ser decisivo para a supervivencia de Android Wear.
Yoigo actualiza a SinFin con 5000 minutos ao mes
Esta semana Yoigo deu a coñecer as novas características da tarifa SinFin que chegarán tanto a clientes novos coma actuais o vindeiro 1 de outubro, por 29€ fora de promoción.
Sigue mantendo os 8GB de datos a máxima velocidade e agora dispoñeremos de 5000 minutos ao mes para gastar como máximo en 300 destinatiarios, é dicir, non podemos facer chamadas a máis de 300 persoas diferentes durante o mes, pois Yoigo aplicaría a cláusula de uso “non razonábel” e poden cobrar 14,52 cent/min e 18,15 cent de establecemento en cada chamada que superan as cotas antes mencionadas.
Estes límites parecen razonábeis para a maior parte das usuarias, pero non deixa de ser cuioso que este tipo de tarifas se promocionen como ilimitadas, SinFin ou outros nomes similares, cando o certo é que todas teñen algún tipo de límite dun xeito ou outro.