Xa se poden facer mencións nos grupos de Whatsapp

Desde hoxe e para todas, é dicir, sen ter que ter instalada a beta da app, Whatsapp permite facer mencións a persoas concretas dentro dun grupo.

whatsapp mencions

Con tan só escribir unha @ aparecerá o nome dos integrantes do grupo. Eliximos un nome, e a continuación poñemos a mensaxe. A particularidade é que ademáis de ser unha mensaxe que todas as do grupo poden ver, a usuaria mencionada, recibirá unha notificacións malia que teña o grupo silenciado.

whatsapp-mencions-2

Polo de agora semella que a opción non está moi pulida e non funciona como se anuncia, pois xa hai información de erros nas mencións, pero nas nosas probas non atopamos problemas.

Como vos diciamos, é unha novidade que chegou directamente á Play Store para todos e abonda con ter a aplicación actualizada para comezar a utilizar esta nova funcionalidade.

Sobre o autor

Reply