A fin do roaming chegará sen límites, pero non sabemos se é bo.

A Comisión Europea anunciou hoxe nunha nota de prensa que ao final, non haberá límites cando desapareza o roaming a mediados de 2017.

Esto significa que nin haberá limites de datos ou tempo de uso, pero o lexislador deixa aberta a porta para que as operadoras determinen que é uso abusivo permitíndolles aplicar so sobrecustos que consideren oportunos. Estes supostos son 3:

  • Suscripción e uso de varias SIM só no extranxeiro, baixo un mesmo nome.
  • Pouco uso da tarifa de datos local fronte a un gran uso no extranxeiro.
  • Inactividade da SIM no país de orixe, tendo só actividade en roaming.

Se aperencen este tipo de usos, as operadoras poderán aplicar un recargo de 0,0085€ por MB consumido, 0,04€ por cada minuto e 0,01€ por SMS, previo aviso ás clientas. Iso sí, estes criterios aplicaranos directamente as operadoras, e se surxen conflictos e se denuncia, será a CNMC a que proporcione unha solución que pode tardar meses en chegar.

Ante esa situación unha usuaria no extranxeiro pode atoparse cunha acusación de uso abusivo pola súa operadora, e estará vendida pois xa sabemos todas quen leva as de gañar, aló menos de primeiras.

Desde agora até mediados de 2017, hai moito tempo para que a Comisión Europea limite a ambigüidade destes criterios coa fin de protexer ás consumidoras dos abusos das operadoras. Veremos se o fai…

Sobre o autor

Reply