Como, como, como…? Estaredes pensando que estamos a falar, non si? Pois ben, Google vén de abrir aos desenvolvedores unha nova opción, que desde agora permitirá enviar unha mensaxe por unha aplicación de mensaxería, e se a receptora da mensaxe non ten esa app instalada, recibirá igualmente a mensaxe. Está opción foi nomeada por Google coma vista previa de mensaxes de aplicacións.
Ademáis de recibir unha notificación dunha aplicación non instalada no terminal, as usuarias poderemos ver a mensaxe, instalar a aplicación e mesmo respostar a ela desde outra aplicación. Curioso, non?
Todo isto é posíbel grazas á xestión das notificacións que fai Google Play Services, aínda que se non queremos recibir notificacións de apps que non temos instaladas poderemos configuralo para desactivalas.
Por outra banda, esta funcionalidade xa está presente nunha app que foi recentemente lanzada á Play Store: Allo, a nova app de mensaxería de Google. Allo xa fai que as usuarias que non instalaron Allo poidan ver e mesmo respostar as mensaxes que envían os seus contactos desde ela.
esto hai que explicalo ben, porque no Allo non vexo tal posibilidade. E na store tampouco ningunha app review messaging.
Teño un android 6.0
Non digo que non funcione a cousa eh! 😉 Pero probei e non vexo cómo. Eu que “non quero” ter wasapt pois viríame ben para algún dos contactos. Gracias
eeepa! Que hai que ler todo XD
“Users have full control over this feature, and can turn off App Preview Messaging in the Google Services settings on Android.”
Hai que activar esta función.