Este é o aspecto do novo Google Pixel

Como xa levamos tempo anunciando, o próximo 4 de outubro terá lugar o evento de Google no que está previsto que anuncien unha chea de novas cousas, entre elas os Google Pixel, os teléfonos que sustituirán a gama Nexus.

Destes modelos fomos vendo diversas imaxes filtradas, tanto da súa interface final como dos propios trebellos, mais agora vense de publicar unha das imaxes de prensa oficial que os amosa en todo o seu esplendor.

google-pixel-filtrado

Como se pode ver na imaxe, os cambios son mínimos desde o modelo anterior. Onde estes son máis evidentes é no redeseño software que introduce Nougat, con novas iconas redondeadas, dock oculto e unha barra de navegación renovada.

En canto especificacións, tomando como boas as características que se foron filtrando nas últimas semanas, teríamos un dispositivo de 5 ou 5,5 polgadas Full HD (para Pixel e Pixel XL, respectivamente), procesador de catro núcleos a 2.0 GHz, 4 GB de memoria RAM, 32 GB de almacenaxe interna, cámaras de 12 e 8 megapíxeles, USB tipo C e batería de 2770 ou 3450 mAh (Pixel / Pixel XL). Ambos os dous estarían fabricados por HTC.

Quedan poucos días para o 4 de outubro. Non estades impacientes? 🙂

Sobre o autor

Reply