Estes días atrás estivemos probando un terminal diferente. Trátase do Doogee X5 MAX, un dispositivo de baixo custo cunhas especificacións moi interesantes. Queres saber máis? Sigue lendo e poderás levar un para a túa casa de xeito totalmente gratuíto.
Especificacións técnicas
Antes de nada cómpre que fagamos un repaso das especificacións deste modelo. Nel podemos atopar as seguintes características técnicas:
- Pantalla IPS de 5 polgadas e resolución HD.
- Procesador Mediatek MTK6580 de catro núcleos a 1,3 GHz.
- GPU Mali 400.
- 1 GB de RAM.
- 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 32 GB)
- Cámara dianteira e principal de 5 Mpx con Flash LED (só a principal).
- DualSIM. Unha micro e outra nano SIM.
- GPS, Bluetooth 4.0 e 3G.
- Sensor de pegadas dixitais.
- Android 6.0 Marshmallow, sen capa de personalización
Como podedes ver nas especificacións, atopámonos algunha característica moi interesante, quizais a máis destacada que malia ser un dispositivo low-cost cotna con lector de pegadas dixitais e unha das últimas versións de Android, Marshmallow 6.0.
Funcionamento
En canto ao funcionamento, podemos dicir que é un terminal correcto. A sensibilidade da pantalla é boa, funciona ben cando prememos, non atopamos lag en transicións, aínda que non é un terminal rápido, pois a carga ou actualización de apps notamos que lle falta potencia. Tamén atopamos certos retardos cando facemos scroll no navegador ou zoom para ver algo máis de preto.
Coma curiosidade para a xestión da multitarefa, teremos que premer durante uns segundos o botón home e non no botón que ten adicado, como acontece normalmente.
Cámaras
En canto ao apartado fotográfico só acadamos un resultado correcto, pois o Doogee X5 MAX monta dúas cámaras que só nos sacan dun apreto. Nas fotos aparece certa saturación e pouca definición dos contornos. Os resultados logos duns días de uso, podédelos ver na nosa biblioteca. Botamos en falta a posibilidade de facer fotos panóramicas.
Batería
Un dos puntos a favor deste terminal é a batería de 4000 mAh que nos proporciona 2 xornadas de autonomía sen moitos problemas, todo depende do uso de cada quen, claro está. Pero o que si podemos afirmar e que naqueles días que facemos un uso un pouco máis intensivo, habémolos pasar sen maior problema.
Lector de pegadas dixitais
A outra característica a destacar e a incorporación do lector de pegadas dixitais, e non só por montalo, se non porque funciona realmente ben. É certo que non permite colocar de calqueira xeito o dedo para desbloquear, pero unha vez que automatizamos a súa colocación o desbloqueo vólvese rápido e preciso.
Conclusións
En liñas xerais, o Doogee X5 MAX é un terminal interesante polas incorporacións que presenta máis propias dun terminal de gama superior, ademáis de compórtase ben no día a día: podemos xestionar as nosas redes sociais ou correo e capturar recordos sen problemas que nos recorden a cada paso o seu prezo.
Atopamos un par de eivas destacábeis; é un móbil moi pesado, 145 gr, que parecen 200 gr cando o manexamos a cotío e a botoneira da parte inferior da pantalla non se ilumina o que dificulta o seu uso cando hai pouca luz.
Polo demáis, é un móbil correcto pois o seu prezo ronda os 59€ e tendo en conta esta particularidade non podemos exixir moito máis do que nos ofrece. Pódese mercar en moitas tendas online, por exemplo esta.
Sorteo: Faite cun Doogee X5 MAX con Mallando no Android e RedInput!
A análise deste trebello foi posíbel grazas á xente de RedInput, que cedeu este dispositivo como mostra de agradecemento ás usuarias e usuarios das aplicacións da compañía. Queres saber que tes que facer para gañalo?
- Deixar un comentario nalgunha das aplicacións de RedInput na Play Store. Podedes velas en redinput.com.
- Seguir a nosa conta de Twitter: @mallandroid
- Poñer o seguinte tweet (copiar – pegar): Participo no sorteo de @mallandroid para gañar un Doogee X5 Max! Mira como aquí: http://ir.gl/doogee
- Cubrir
este formulariocos teus datos [SORTEO PECHADO]
Pódese participar até o martes 4 de outubro ás 23.59 horas. O mércores 5 de outubro publicaremos unha listaxe co número de participación asociado a cada usuario e o sorteo farase en relación co sorteo da ONCE dese día.
[Actualización] Xa temos a listaxe de participantes no sorteo: o número ligado a cada nome (orde de inscrición) é a participación. Escolleremos á persoa gañadora aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do 5 de outubro” MOD “número de participacións”.
Lo quiero lo quiero!