Non podes facer nada: WhatsApp imporá a súas condicións para seguir usando a aplicación

Cando chegaron os cambios nas condicións de uso de WhatsApp, polos que a aplicación pedía permiso para compartir datos entre a propia WhatsApp e Facebook (iso si, todo “polo noso ben”), a decisión última quedaba á nosa elección, como acontecía ao comezo. Agora WhatsApp xa non dá esa opción e si ou si teremos que aceptar os novos termos de uso se queremos seguir empregándoa.

Queda claro que, para a empresa, a libre decisión das usuarias non lles importa, senón máis ben todo o contrario, pois só formamos parte da súa maquinaria para obter ingresos e fará o posíbel para que sexa así. De agora en diante, se non aceptamos os novos cambios, xa non poderemos usar a principal app de mensaxería do noso país.

whatsapp-novas-condicions-uso

Estritamente somos libres para decidir se a usamos ou non, pero o certo é que non é tal, pois moitos dos nosos contactos non len os termos de uso das apps e outros, sabendo como (mal) xestionan os datos as empresas non lles importa con tal de non quedar illados ciberneticamente. Este tipo de actuacións só benefician ás empresas que fan con nós o que queren.

Polo de agora, só en Alemania se lle planta cara a Whatsapp-Facebook, pois a Axencia de Protección de Datos de Hamburgo vén de lazar unha orde administrativa pola que se impide a recolección masiva de datos persoais e mesmo borrar os datos que xa enviaron. Podedes ler polo miúdo o comunicado nesta ligazón.

Un dos puntos máis importentes é o incumprimento de manter as dúas empresas independentes (se comparten datos xa non o son) pois esta promesa de Facebook foi unha das claves para autorizar a compra de Whatsapp por parte da UE.

Iso sí, mentes isto acontece en Alemania no noso país non vemos nin veremos movementos por parte das autoridades e sen axuda, as consumidoras quedamos totalmente desamparadas contra estes xigantes.

Sobre o autor

Reply