Fíltranse por completo os novos Google Pixel e Pixel XL

google-pixel

Apenas quedan 24 horas para o gran evento que prepara Google no que, entre outras moitas cousas, espérase a presentación oficial dos novos Google Pixel, a liña de móbiles que chega para sustituír aos actuais Nexus. Porén, como tantas outras veces, as filtracións prodúcense antes de tempo, desta vez por completo a través da web de Carephone Warehouse, a matriz de The Phone House, aínda que tras o despiste xa borraron todo.

google-pixel-2

A diferenza do que pasou o ano pasado cos Nexus 5X e nexus 6P, os novos Pixel e Pixel XL teñen a mesma potencia interior, polo que os cambios nas súas especificacións só se producen na pantalla e, de acordo con iso, na capacidade da súa batería:

  • Google Pixel: leva un panel AMOLED Full HD con resolución de 441 ppp e unha batería de 2770 mAh con sistema de carga rápida.
  • Google Pixel XL: incorpora un panel AMOLED QHD con resolución de 534 ppp e unha batería con 3450 mAh de capacidade, tamén con carga rápida.

No seu interior, ambos coinciden en levar un procesador Qualcomm Snapdragon 821, acompañado de 4 GB de memoria RAM e opcións de 32 ou 128 GB de memoria interna. Dispoñen de lector de pegadas dixitais, NFC, cargador USB Tipo C e nanoSIM con capacidades LTE.

A cámara principal ten un sensor de 12,3 megapíxeles, con apertura de f/2.0 e estabilizador de imaxe OIS, mentres que no caso da frontal a aposta é por un sensor de 8 Mpx. En canto a software, virán con Android 7.1 Nougat e todas as novidades que Google foi comentando na liña software, como Google Assistant ou smart storage.

Ambos modelos estarán dispoñíbeis en dúas cores, branco e negro, e aínda que o seu prezo non foi dado a coñecer todo apunta a que rondarán os 600 euros.

pixel01 pixel02 pixel03 pixel04 pixel05 pixel06 pixel07 pixel08

Un evento cheo de novidades

Google leva tempo fomentando o hype co evento de mañá, correndo o risco de que as espectativas sexan máis altas que a realidade que poidamos ver ao final.

O que parece claro, polo que fomos sabendo nestas últimas semanas, é que ademais dos novos Pixel vexamos unha nova versión de Chromecast e teñamos detalles concretos sobre Google WiFi, Google Home e outros novidosos produtos.

Quedará algunha sorpresa por descubrir?

Sobre o autor

No Responses

Reply