Ser youtuber é o soño de moitas nenas e nenos no noso país, en moitos casos chamados polas enormes cantidades de ingresos que se lles atribúen e o ben que soa o éxito dos máis importantes. Porén, a brincadeira pódelle saír ben cara a un rapaz de Torrevieja de 12 anos que abriu unha conta de AdWords crendo que sería onde pagarían os ingresos publicitarios, cando en realidade o que estaba a facer era encargar el os anuncios.
Segundo contan varios medios, o menor abriu a conta de Google AdWords coa axuda doutro menor, de 15 anos. A súa idea era monetizar os vídeos que subían a YouTube e os anuncios da súa web, un espazo moi básico aadicado a contidos musicais e aloxada nun servidor gratuíto, pero acabaron anunciándose eles, e en apenas dúas semanas xa sumaban cantidades bastante elevadas en anuncios.
Foi o banco do rapaz quen alertou á familia dos cargos que chegaban desde Google Ireland: primeiro de 50 €, logo de 100, 150… e posteriormente acadando aos 18.000 € nunha semana, aínda que o último cargo xa chegou aos 78.000 €. En total, o rapaz débelle a Google máis de 100.000 euros.
Logo da máis-que-asegurada bronca que debeu recibir o rapaz, a familia está a tratar o tema cun avogado para tratar de que a multinacional queira cobrar o que lle adeudan. Veremos en que acaba o conto.
Contratar Google AdWords é demasiado sinxelo?
O debate esta servido: é demasiado doado contratar Google AdWords? Certamente un particular tan só precisa achegar un correo electrónico, o número de conta e os datos da web a promocionar. Trátase dun proceso sinxelo pensado para que calquera (adulto) poida contratalo sen complicacións, pero ao tempo é evidente que non ter maior control permite que un menor sen consentimento poida facelo.
Debería complicarse o sistema? Establecer quizais algunha limitación? Que pensades?
Con solicitar unha tarxeta de crédito xa está solucinado o tema, ás veces fan as cousas tan “sinxelas” que pasa o que pasa.