Google lanza DayDream View, os seus lentes de realidade virtual

daydream-view-9

Entre as moitas cousas que se anunciaron esta tarde no evento de Google atopámonos coa primeira xeración dos seus DayDream View, uns lentes de realidade virtual que se comercializará a 79 dólares, apostando así por ir democratizando o acceso a este tipo de tecnoloxías.

Foi no pasado Google I/O cando soubemos dos plans de Google para a realidade virtual, mais tivemos que agardar á presentación de hoxe, cando todo estivo preparado, para o seu lanzamento comercial.

daydream-view-4

O primeiro elemento diferenciador que Google quixo remarcar este día foi o seu deseño e acabados: aseguran que é un dispositivo moi cómodo, mesmo para aqueles usuarios que teñen que usar lentes, e que non deberán renunciar a empregalas xunto aos DayDream View.

daydream-view-5

daydream-view-3

A diferenza de outros modelos, como os Gear VR de Samsung, os DayDream de Google non se manexan con controis táctiles, senón desde un pequeno control remoto que, en certa medida, garda un parecido co mando da Wii.

daydream-view-7

Con este pequeno mando, que ten o seu espazo dentro da cápsula dos lentes para cando o teñamos que gardar, poderemos movernos polos diferentes escenarios nos que nos aventuremos mediante a realidade virtual, xa que detecta todo tipo de movementos.

daydream-view-6

Durante a presentación Google levou a cabo diversas demos para amosar os seus usos, tanto en xogos como en vídeos de YouTube ou aplicacións como Google Maps, que poderemos disfrutar dun xeito inmersivo.

daydream-view-12

daydream-view-13

daydream-view-14

daydream-view-15

As novas DayDream son compatíbeis cos Google Pixel e Pixel XL lanzados esta mesma tarde, aínda que Google tamén está a traballar con outros fabricantes como Huawei e Alcaltel para aumentar a compatibilidade do mesmo.

daydream-view-8

Sobre o autor

No Responses

Reply