Android 7.1 – Nougat: principais novidades da nova versión de Android (e as exclusivas dos Pixel)

android-nougat

Google tíñanos malacostumados a recibir toda nova versión de Android cun novo trebello, aínda que este ano as cousas foron un tanto diferentes. Por unha banda, o LG V20 – e non un dispositivo de Google – foi o primeiro en dispoñer de Android 7.0 Nougat, e por outro lado porque os novos teléfonos anunciados onte por Google, os Pixel e Pixel XL, xa veñen coa versión Android 7.1 Nougat.

Android 7.0 trouxo unhas cantas novidades, das que pasamos a resumir as principais:

  • Multilocale: isto permite seleccionar máis dun idioma, polo que se por exemplo temos como idioma principal o galego e como secundario o español, as aplicacións de terceiros aparecerannos en galego, e de non existir versión, en español. Actualmente saltábase ao inglés directamente.
  • Emojis: 72 novos emojis, que sumados aos que xa había suman máis de 1500.
  • Partición de pantalla: poder ter dúas aplicación abertas ao meemo tempo.
  • Mellora na multitarefa: facilidade para cambiar entre aplicacións rapidamente.
  • Mellora na autonomía: maior duración da batería coa función Doze.
  • Mellora nos axustes rápidos: máis doado acceder aos axustes desde a barra de notificacións.
  • Mellora na resposta rápida: respostas rápidas desde a barra de notificacións, sen ter que abrir a aplicación.
  • Limitación do uso de datos: permite que haxa aplicacións que non consumen datos mentres están en segundo plano.
  • Maior seguridade: protección de ficheiros para dispositivos, mesmo con varios usuarios.

Android 7.1: todas as novidades

Como é de agardar, a nova versión de Android trae consigo pequenas melloras que corrixen a versión anterior, eliminando bugs e optimizando o uso do teléfono. Porén, tamén se inclúen novas funcionalidades, que pasamos a resumir:

  • Soporte para iconas circulares.
  • Modo Luz Nocturna: adaptación da tonalidade mediante o filtrado da luz azul.
  • Novo acceso ás notificacións: deslizando o dedo sobre o sensor de pegadas dixitais
  • Actualizacións silenciosas A/B: os fabricantes poden actualizar unha parte dos dispositivos cunha versión e outra con outra diferente para ver cal funciona mellor.
  • DayDream VR: configuración para a realidade virtual.

pixel-launcher

Características de Android 7.1 – Nougat exclusivas para os Pixel e Pixel XL

Os trebellos de Google contarán con algunhas características exclusivas nesta nova versión, a máis chamativa o Launcher da aplicacións, que está a dar moito que falar. Pero non é a única:

  • Pixel Launcher
  • Google Assistant de serie
  • Selector de fondos
  • Iconas dinámicas: por exemplo, Calendar amosará na icona o día.
  • Almacenaxe ilimitada: na nube, para fotos e vídeo na resolución orixinal (isto inclúe vídeos 4K).
  • Almacenaxe intelixente: cando detecta pouco espazo, automaticametne elimina fotos e vídeos que teñen copia de seguridade na nube.
  • Actualización de terminal con cable: desde iPhone o Android, copiando todos os datos.
  • Aplicación Cámara Pixel: EIS 2.0 para a estabilización dos vídeos por sofware, bloqueo AE/AF, axustes do balance de brancos, cuadrículas, compensación da exposición, HDR+ acelerado por hardware.

Que vos parecen todas estas novidades?

Sobre o autor

Reply