Google Cast pasará a chamarse Google Home

Como xa vos fomos contando durante as últimas horas, a presentación de onte de Google estivo chea de novidades hardware (botádelle un ollo a este resumo que fixemosco máis destacado), entre elas varias solucións para o noso fogar, como Google Home, Google WiFi e un novo Chromecast Ultra.

cast-home-1

O novo Chromecast Ultra xa é compatíbel cos contidos en 4K (de aí o “Ultra” do seu nome, de “ultradefinición) e dispón de porto Ethernet. Porén, esta non é a única novidade, pois algúns usuarios xa comezaron a recibir un aviso na aplicación Google Cast (empregada para xestionar o noso Chromecast) que informa de que proximamente pasará a chamarse Google Home, estreando tamén nova icona identificativa.

A aposta de Google pola conectividade na nosa vivenda parece obvia, e poder xestionar todos os gadgets que anunciaron desde unha única aplicación chamada “Home” tería moito sentido. Haberá que ver en que queda a cousa, porque Google non se caracteriza precisamente por reducir o número de aplicacións que poderían estar vencelladas. Para exemplo xa temos o da comunicación, con Hangouts, Allo, Duo e Messenger por separado.

Vía

Sobre o autor

Reply