Haier Easy Phone, un teléfono pensado para as persoas de máis idade

haier-easy-phone-1

Haier vén de lanzar un novo teléfono adaptado ás necesidades das persoas maiores, o Haier Easy Phone. Trátase dun trebello que destaca pola súa interface máis accesíbel, por contar cun sistema de alertas e polo acceso sinxelo ás prestacións esenciais máis demandadas, achegando así a tecnoloxía ás persoas de máis idade.

Isto conséguese cun launcher no que se aposta pola sinxeleza, con grandes botóns que facilitan o acceso ás chamadas, á mensaxería instantánea (por exemplo, ao WhatsApp) e á cámara, aínda que tamén a ferramentas de utilidade, como a lanterna, ou de ocio, como a radio FM.

Tamén dispón de diferentes funcionalidades ligadas á seguridade. Por un banda os seus sensores detectan a caída ao chan do usuario e, nese caso, chama automaticamente aos catro números que se teñan preestablecido como de emerxencia. Así mesmo, tamén dispón dun botón alarma que as usuarias poden premer, transmitindo a posición GPS na que se atope nese momento.

haier-easy-phone-2

En canto a especificacións, o Haier Easy Phone incorpora unha pantalla de 4 polgadas con resolución 480 x 800 píxeles. No seu interior alberga un procesador Dual Core MediaTek MT6572M a 1,3 GHz, xunto a 512 MB de RAM e memoria interna de 8 GB ampliábeis mediante microSD. A cámara principal é de 5 megapíxeles e a súa batería de 1700 mAh. Son unhas especificacións sinxelas, pero certamente tampouco precisa máis tendo en conta que está moi limitado.

O Haier Easy Phone pódese mercar en vermello e xa está dispoñíbel por 99 €. Como curiosidade, véndese nun pack que inclúe varios accesorios, como un cargador de sobremesa, auriculares, colgante e un lápiz dixital.

Sobre o autor

Reply