Hoxe imos falarvos dun dispositivo chinés moi interesante que estivemos probando nos últimos días. Trátase do Oukitel C3, que custa algo menos de 40 € (líchedes ben, 40 €). Quedes saber máis? Non vos perdades esta análise… e o sorteo que facemos, ao final do artigo tes toda a información.
Especificacións técnicas do Oukitel C3
- Pantalla de 5 polgadas IPS HD.
- Procesador Mediatek MTK6580 de catro núcleos a 1,3 Ghz.
- GPU Mali 400.
- 1 GB de RAM,
- 8 GB de ROM, ampliábeis por microSD de até 32 GB.
- Cámara principal de 5 MPx con Flash LED.
- DualSIM, GPS, Bluethooth 4.0, actualizacións OTA e 3G
- Android 6.0 Marshmallow.
Este C3 non o podemos analizar coma o resto de terminais, máis o seu reducido custo amósanos que de primeiras pode sair perdendo con calquera terminal do mercado. Por iso temos que relativizar a nosa análise.
Cando o acendimos por primeira vez non tiñamos prexuizo algún, pero si pensabamos que o máis posíbel era atopar todos os males xuntos neste terminal, mais o certo é que non foi tan así.
De primeiras, notamos que a sensibilidade da pantalla non é boa. As sensacións que temos ao ir preméndoa e de estar diante dunha pantalla “dura” e a nosa forma de proceder foi coma se usamos unha pantalla resistiva. Unha vez afeitos, o funcionamento pasa a ser correcto.
Como a pantalla ofrece certas dúbidas decidimos probala a fondo cun xogo moi exixente para a pantalla, como é o Ninja Fruit e o resultado foi totalmente satisfactorio. Xogamos unha boa cantidade de partidas e a pantalla comportouse normalmente, como é de agardar en calqueira terminal de máis custo, polo tanto a conclusión é que só hai que afacerse a ela e darlle unha oportunidade.
O hardware que monta pode facer pensar que o terminal vai funcionar moi mal, ademáis tendo que facer correr o que até poucos días era o sistema operativo Android máis recente. Non foi así. O terminal é lento, pero non ten lag. Funciona ben, pero cando prememos nunha app esta comeza a cargar, pero neste momento é onde vemos a que lle falta potencia para facer esta tarefa con axilidade. Tamén notamos que non é un terminal potente cando actualizamos as apps instaladas.
Quen dixo presa? Este non é o teu terminal se queres unha resposta inmediata, pero claro o C3 é low cost. Hai que facer concesións.
No apartado fotográfico é onde máis se nota ou seu prezo. A cámara dianteira é testimonial, pois conta con 0,3 MPX de resolución e a súa calidade é máis propia de terminais de fai 6 ou 7 anos. En canto á cámara principal podemos dicir que o modo HDR é básico para acadar un resultado aceptábel, aínda que non acontece en todas as situacións. Algúns exemplos do que vos estamos a contar podédelos ver na nosa biblioteca de Flickr. A cámara tamén permite facer panorámicas.
Conclusións
En conxunto as sensacións que nos deixa o Oukitel C3 son boas. É dicir, non é un terminal para o noso día a día, pero encaixa á perfección para unha persoa maior que se inicia nas novas tecnoloxías, un neno que como primeiro móbil tería dabondo, ou calquera pai / nai que só quere comunicarse coas súas fillas que marcharon estudar fora e non ten máis interese ca ese, nin quere gastar moitos cartos.
Tede en conta que os botóns tátiles colocados debaixo da pantalla non se iluminan o que nos fai ir ás apalpadas cando hai pouca luz.
O terminal móvese correctamente, a cámara serve para recoller un intre concreto e conservalo, sen máis pretensións e conta un sistema operativo recente e actualizábel; que máis podemos pedir por uns 40€?
Sorteo: Faite cun Oukitel C3 con Mallando no Android e RedInput!
A análise deste trebello foi posíbel grazas á xente de RedInput, que cedeu este dispositivo como mostra de agradecemento ás usuarias e usuarios das aplicacións da compañía. Queres saber que tes que facer para gañalo?
- Deixar un comentario nalgunha das aplicacións de RedInput na Play Store. Podedes velas en redinput.com. *As persoas que xa participaran no anterior concurso poden saltar este paso.
- Seguir a nosa conta de Twitter: @mallandroid
- Poñer o seguinte tweet (copiar – pegar): Participo no sorteo de @mallandroid para gañar un Oukitel C3! Mira como aquí: http://ir.gl/oukitelc3
- Cubrir este formulario cos teus datos
Pódese participar até o venres 14 de outubro ás 23.59 horas. O sábado 15 de outubro publicaremos unha listaxe co número de participación asociado a cada usuario e o sorteo farase en relación co sorteo da ONCE dese día. Non se aceptan participacións desde contas usadas unicamente para concursos.
é comparable ó BQ E4 custando unha terceira parte e con Android 6. O E4 séguese a vender e, salvo quizáis pola pantalla, este non lle ten envexa