Mininovas Android: Nougat para Nexus 6 e Motorolas, investigación a Facebook e resumo da “semana Google”

O Nexus 6 recibe Nougat 7.0

nexus 6

O Nexus 6 recibiu a actualización a Android 7.0 Nougat esta semana, un mes despois do seu lanzamento. Xa había moitas especulacións pola tardanza, pero ao fin todo rematou.

Esta semana a actualización foi liberada e irá chegando de xeito escalonado podendo así desfrutar da pantalla partida e resposta rápida ás noticacións, entre outras melloras.

Lenovo non lanzará máis terminais con Windows

lenovo logo

Estes días Lenovo confirmou que non presentaría novos terminais con Windows 10 no seu interior. A empresa chinesa vén de comunicar que dubida do compromiso de Microsoft coa plataforma móbil, poñendo sobre a mesa a posibilidade que os de Redmon non den soporte a medio/longo prazo.

Con este novo golpe, cada vez son menos os fabricantes que apostan por Windows 10 para os seus móbiles. polo que o seu futuro é cada vez máis negro.

Estes son os Motorola que se actualizarán a Nougat 7.0

android-nougat

Lenovo confirmou os terminais baixo a marca Moto que se actualizarán a Android Nougat 7.0. Estes modelos son:

  • Moto G4
  • Moto G4 Plus
  • Moto G Play
  • Moto X Pure Edition (3ª generación)
  • Moto X Style
  • Moto X Play
  • Moto X Force
  • Droid Turbo 2
  • Droid Maxx 2
  • Moto Z
  • Moto Z Droid
  • Moto Z Force Droid
  • Moto Z Play
  • Moto Z Play Droid

Como vemos na listaxe, non aparece a familia Moto E, pois a limitacións de hardware semella que son a clave para quedar fóra desta actualización. Os que si aparecen, irán recibindo ao longo destas semanas esta agardada actualización.

As malas novas continúan para Samsung

note-7-reemplazado-queimado

Esta semana volveu saltar aos medios un problema cun Galaxy Note7. Nesta ocasión un Note de reemplazo incendiouse nun avión provocando un retraso na súa saída. Ao falar dun terminal de reemplazo, queremos dicir que é un Note revisado e que segundo Samsung xa tiñan o problema solucionado.

Polo de agora semella que estamos diante dun caso illado, pero polos problemas ocasionados desde o seu lanzamento, podemos dubidar da súa fiabilidade.

Desta volta, á ahora de redactar este artigo, Samsung non se pronunciou sobre o acontecido.

España comeza unha investigación a Facebook e Whatsapp

facebook breakup relationships

Non foron dos apurados, pero por fin as autoridades españolas abriron unha investigación sobre a nova política de Facebook sobre a recopilación de datos en Whatsapp. A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) revisará se estas prácticas cumpren coa regulación española.

Nas vindeiras semanas veremos o que acontece e se Facebook se verá obrigada a modificar a súas políticas.

Esta foi a semana de Google

goole-made-by

O pasado martes á tarde Google presentou moitas novidades que irán chegando ao mercado nos vindeiros meses. Queremos destacar os dous novos terminais que abren un tempo novo na compañía. Estes terminais son o Pixel e Pixel XL para sustituir os Nexus. Teñen con principal característica que están deseñados pola propia Google, ensamblados por un terceiro. Nesta ocasión foi a quenda de HTC.

Ademáis tamén presentaron a súas gafas de realidade aumentada, as DayDream View, para disfrutar de xogos, vídeos e mesmo mapas dunha maneira totalmente inmersiva. A lista non remata aquí, pois tamén poidemos ver os Google Home, Google Wifi e Chromecast Ultra que mellorará a nos experiencia multimedia en toda a casa.

Para rematar, fixeron especial fincapé no Google Assitant, un asistente virtual con moito potencial que estará presente e case todos estes productos podendo interactuar con todos eles dun xeito moi natural.

Se queredes darlle un repaso máis polo miúdo a todos estes productos, podédelo facer premendo nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply