O HTC Bolt chegará con Android 7.0 e interface Sense 8

htc-bold

Tras a presentación dos novos teléfonos de Google a semana pasada, os Pixel e Pixel XL, fabricados por HTC, un novo dispositivo desta marca amosa a patiña filtrando algunha das súas características antes de tempo. Trátase do HTC Bolt, un trebello que será dos primeiros en chegar ás tendas con Android 7.0 (ou 7.1) – Nougat e a interface Sense 8.

Curiosamente, pouca información trascendeu sobre as especificacións hardware deste modelo, mais aló de ter a confirmación de que se sumará á moda de non incluír o conector de audio jack de 3.5 mm. Isto lévanos a imaxinar que apostarán por introducir o conector USB Tipo C como porto para a carga e transferencia de arquivos e tamén para a conexión dos auriculares.

Segundo apuntan varios rumores, o HTC Bolt farase oficial nos próximos días e porase á venda en varios países da rexión EMEA, que inclúe Europa, Oriente Medio e África, aínda que polo de agora non hai confirmación de cales exactamente.

Sobre o autor

No Responses

Reply