Os últimos anos non foron, nin de lonxe, os mellores para HTC. A súa aposta para competir no mercado dos smartphones non acabaron de seducir ás usuarias como facían tempo atrás. Se cadra por iso, debido a esta situación complexa que vive a empresa taiwanesa, tardamos en ter rumores – información dun smartwatch fabricado por eles.
Porén, estes días atrás apareceron ao fin unhas fotos do que podería ser o primeiro reloxo intelixente fabricado por HTC, empregando ademais Android Wear como sistema operativo.
Malia que pouco máis podemos saber del, semella que o seu uso vai ser principalmente orientado ao deporte e que sería froito dunha nova colaboración entre HTC e Under Armour, cuxas alianzas non son novas, pois áinda no CES 2015 anunciaron conxuntamente unha rede social dirixida a deportistas chamada Under Amrmour Record, que podemos atopar na Play Store.
Polo de agora aínda é cedo para saber cal será o camiño que poderían percorrer conxuntamente estas dúas empresas, mais é ben destacábel que sexa xusto agora cando aparece esta filtración: é o mellor momento para anuncari un smartwatch cando a propia Google semella darse unha pausa con Android Wear?