Xiaomi presentará o Mi Note 2 o día 25 de outubro

mi-note-2-1

Xiaomi ven de poñer data á presentación do Mi Note 2 para o 25 de outubro en Hong Kong, do que xa sabemos que será un terminal con pantalla curva OLED fabricada por LG e do que agardamos que conte cun Snapdragon 821 e entre 4/6 GB de RAM.

A cantidade de RAM, xunto coa pantalla curva serán características que poderemos elixir ou non segundo as nosas preferencias, pois sabemos que Xiaomi presentará até 4 variantes do Note 2, con diferentes prezos. Na configuración máis completa, o prezo chegará aos 600€ aproximadamente.

O día 25 sairemos de dúbidas e coñeceremos por fin o resto de características dos novos terminais de Xiaomi.

Sobre o autor

Reply