LG leva uns anos comprometida coas actualizacións dos seus terminais de referencia (flagships), e semella que esta mesma liña seguirá co LG G5. Iso é o que se desprende da operadora australiana OPTUS, que ten na súa web a información da posíbel actualización deste terminal a Android 7.0, Nougat.
Como vemos na ligazón, e segundo OPTUS, a actualizacion do G5 chegará a mediados do mes de novembro. Teremos que agardar até entón para ver se chega ao mesmo tempo a todos os mercados ou se pola contra, faino dun xeito escalonado.
A ver se teño sorte co G4 e tamén lle cae 😉