Pokémon Go celebra o Halloween co dobre de caramelos e extra de Pokémon pantasma

pokemon-go-halloween

Malia que o boom de Pokémon Go xa pasou, aínda son millóns as usuarias que xogan con certa regularidade a este popular xogo, e para todas elas Niantic ten unha sorpresa: aproveitando a celebración do Samaín (para eles, Halloween), veñen de lanzar o primeiro evento especial do xogo.

De acordo á información exposta no blog oficial do xogo, entre os días 26 de outubro e o 1 de novembro poderemos conseguir o dobre de caramelos en todo o que fagamos: transferencias, capturas ou Pokémon acompañante no camiño. Tendo en conta que os caramelos son fundamentais para poder evolucionar os nosos Pokémon, trátase dunha noticia moi destacábel.

Por se esta nova non fose suficientemente atractiva, durante eses días tamén haberá máis oportunidade de que nos aparezan Pokémon de tipo pantasma e algún que outro psíquico. Concretamente Gastly, Haunter, Genger, Zubat, Golbat, Drowzee e Hypno.

Así que xa sabedes, se xogades ao Pokémon Go ou o tiñades algo abandonado, pode ser unha moi boa oportunidade para darlle unha nova oportunidade.

Sobre o autor

Reply