R mellora “tv comigo”, eliminando os límites de uso en redes alleas

tv-contigo-r

O pasado mes de marzo a operadora galega R lanzou un servizo chamado tv comigo, a través do cal as clientas da operadora que teñen contratado algún paquete que inclúe televisión poden disfrutar de varias canles a través de Internet. Porén, este servizo tiña algunha que outra limitación, a máis importante un límite de acceso temporal de 420 minutos (7 horas) desde redes non-R.

Esta mañá a compañía confirmou a desaparición deste límite temporal, polo que as usuarias deste servizo poden empregalo sen límites desde calquera conexión á Internet, independentemente de que se trate dunha conexión de R ou de outra compañía. Agora ben, isto só se aplica á conta de usuario principal, xa que as delegadas seguirán mantendo dita limitación de 420 minutos para evitar abusos.

A través de tv comigo, as usuarias de televisión de R poden disfrutar dunha trintena de canles, entre as que se atopan as recentes incorporacións Canal Series e Canal Series Xtra, ademais de moitos contidos de rebobina, o popular sistema de televisón á carta da oepradora galega.

R permite acceder ao servizo tv comigo desde calquera trebello conectado á Internet, cun máximo de 5 usuarios por contrato. No caso de dispositivos Android, existe unha aplicación específica, mentres que para acceder desde o ordenador ou desde iOS é preciso empregar o navegador Chrome e entrar mediante a web tv.mundo-R.com.

Sobre o autor

Reply