FreedomPop duplicará os datos nos seus plans máis populares, incluído o gratuíto

freedompop

Hai unhas semanas chegou ao noso país a operadora norteamericana FreedomPop, que destaca polos seus agresivos plans de prezos e un modelo de negocio freemium que captou todas as miradas. O seu plan máis popular é o gratuíto, co que temos 100 minutos de voz, 200 MB de datos e 300 SMS de maneira totalmente gratuíta, aínda que hai que ter tino para non contratar os extras polos que cobran, como explicamos neste artigo de ánalise que fixemos.

Agora a compañía vén de anunciar que duplicará a cantidade de datos nas súas tarifas máis populares sen aumentar o prezo (ou comezar a cobrar, caso da gratuíta). Deste modo, as usuarias do plan gratuíto pasarán a ter 400 MB mensuais, fronte os 200 actuais, mentres que nas opcións de pago teranse 4 GB por 8,99 € (fronte os 2 actuais) e 10 GB por 15,99 € (agora dan 5).

Portabilidades a partir de novembro

Ademais do aumento na cantidade de datos das súas tarifas, FreedomPop tamén anuncia que a partir do mes de novembro as usuarias poderán tramitar a portabilidade dos seus números, polo que calquera usuaria poderá darse de alta nesta compañía mantendo o seu número de sempre.

Con este movemento a compañía pretende seguir aumentando a súa presenza logo de ter superado as 50.000 usuarias, bastante por riba das previsións que tiñan e collendo impulso para superar o obxectivo de acadar as 100.000 suscritoras durante o primeiro ano.

Sobre o autor

Reply