Meizu saca toda a artillería no novo Meizu Pro 6S

meizu-pro-s6-1

Meizu acaba de facer oficial o novo Meizu Pro 6S, a última versión do seu terminal de referencia que, ademais de mellorar en case todos os seus aspectos, tamén reduce significativametne o seu prezo de partida, facendo que sexa unha opción moi interesante.

Comezando pola súa pantalla, o fabricante introduxo un panel SuperAMOLED de 5,5 polgadas e resolución Full HD. Vén coa xa-case-estándar curvatura 2.5D e tecnoloxía 3D Touch, o que quere dicir que é sensíbel a diferentes graos de presión. Polo demais, o seu contraste é de 10000:1 e o brillo de 350 nits.

meizu-pro-s6-3

No seu interior atopamos o procesador MediaTek X25, de dez núcleos, xunto 4 GB de memoria RAM e unha memoria interna de 64 GB. A súa batería é de 3060 mAh, dispón de lector de pegadas dixitais, WiFi dual e VoLTE e o sistema operativo é Android 6.0 Marshmallow coa capa de personalizaación Flyme 5 OS.

meizu-pro-s6-2

No apartado multimedia, o Meizu Pro 6S destaca pola súa cámara principal, provista dun sensor Sony IMX286 de 12 megapíxeles, con lente 6P, flash de anel, autofocus laser e estabilizador óptico OIS de catro eixos. No caso da cámara frontal temos un sensor de 5 megapíxeles.

Dispoñibilidade e prezo

O Meizu Pro 6S está dispoñíbel en catro cores (dourado, prata, rosa e gris) por 2699 Yuan, que veñen a ser uns 360 euros. Polo de agora non se anunciou que o dispositivo vaia saír da China, mais é posíbel que isto aconteza nas próximas semanas.

Sobre o autor

Reply