O LG G5 é o primeiro dispositivo non Nexus en actualizar a Android 7.0 Nougat

android nougat 2

LG volve, un anos máis, a repetir estretexia, converténdose no primeiro fabricante en actualizar o seu buque insignia, o LG G5, a Android 7.0 – Nougat, a versión máis recente de Android. Até o de agora unicamente tiñan a última versión de Android os novos Google Pixel e Pixel XL, os Nexus e os dispositivos que xa saíron á venda con ela de fábrica.

A actualización do LG G5 saíu sen aviso previo a través dunha OTA que pesa 1512,52 MB, polo que obviamente recomendamos descargala a través dunha rede WiFi, evitando así consumir boa parte dos datos incluídos na nosa tarifa.

En calquera caso, esta actualización, como todas, faise de xeito escolonado, polo que aínda pode que tarde uns días en chegar a todos os dispositivos, nomeadamente aos do noso país.

Sobre o autor

Reply