Hai uns días falamos da nova oferta de liñas adicionais móbiles de Orange, cuxa gran novidade é que non obrigan a ter contratado un servizo de telefonía / Internet fixo: son liñas adicionais que se engaden a un número de teléfono móbil principal, e que permiten aforrar, nese caso, un 20% na liñas secundarias sobre o prezo estándar.
Porén, Orange non é a única operadora que beneficia ás usuarias que teñen máis dunha liña móbil no mesmo contrato (sen dispór de fixo), pois a operadora galega R tamén permite combinar algunhas tarifas móbiles coa súa “tarifa R 3GB 4G”, un dos dous produtos de liñas adicionais de R, posto que a “tarifa R 2 GB 4G” esixe ter contratado un mambo ou combo 50 / 150 / 350.
A tarifa R 3 GB 4G pode adquirirse sempre e cando se teña contratado unha “tarifa plana 22 4G” ou unha “tarifa plana 32 4G”, que ofrecen chamadas ilimitadas, wificlientesR e 3 ou 6 GB de datos móbiles de navegación 4G, respectivamente. Polo tanto, poderíamos facer as seguintes combinacións:
- Plana 22 4G + Tarifa R 3 GB 4G (35 €/mes). Teríamos 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas, wificlientesR e 3 GB de datos cada unha por 35 €/mes, promocionalmente 6 meses a 24 €/mes.
- Plana 32 4G + Tarifa R 3 GB 4G (45€/mes). Teríamos 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas, wificlientesR, 6 GB de datos na principal e 3 na secundaria por 45 €/mes, promocionalmente 6 meses a 29 €/mes.
A maiores, R permite contratar até un máximo de 3 liñas adicionais por cada liña principal, polo que toda unha familia podería ter tarifas con chamadas ilimitadas, wificlientesR e datos abundantes a un prezo máis que razoábel.