Pagarías á túa operadora para non ter anuncios no móbil? FreedomPop cre que si

fredompop-spam

A publicidade é unha das principais vías de financiamento de moitas webs e aplicacións. Durante os últimos anos aumentou considerabelmente a súa presenza, en moitos casos resultando altamente invasiva en moitos sitios, chegando a dificultar a navegación. Se falamos da publicidade móbil, a mala aplicación dos anuncios en moitas plataformas resulta aínda máis molesta, polo que son moitas as usuarias que teñen instalado do seu navegador ou no seu teléfono un bloqueador de publicidade.

FreedomPop descubriu nesta demanda de parte das súas usuarias unha idea de negocio e vén de pór en marcha un sistema de bloqueo de anuncios que se pode contratar por 1,99 € ao mes, a pesar de que se buscamos na Play Store hai ferramentas de balde que veñen a facer o mesmo.

Para poñelo en marcha, unha vez contratado o servizo é preciso proceder á súa activación manualmente desde a aplicación da operadora, unha ferramenta imprescindíbel para a súa xestión, xa que é a través dela por onde temos que enviar as mensaxes ou facer as chamadas para disfrutar do servizo gratuíto.

Semella obvio que esta compañía, que conta cun modelo freemium como principal reclamo, ten que sacar ganancias dalgún lado, ben sexa a través de cobrar por servizos básicos como o buzón de voz (0,99 €/mes) ou por utilidades extra como este bloqueador de anuncios web, aínda que, como xa indicamos antes, desta vez temos alternativas gratuítas na Play Store.

Sobre o autor

Reply