Pokémon Go xa prepara a segunda xeración

pokemon-segunda-xeracion

A xente de Niantic segue a preparar novidades para Pokémon Go, co fin de facer que non perdamos o interese no xogo e sigamos percorrendo quilómetros na captura de Pokémons. Logo de Halloween, cando tivemos o primeiro evento no xogo, co que puidemos capturar máis exemplares de certos tipos e multiplicar por dous o número de caramelos, desde onte podemos conseguir máis puntos de experiencia, obxectos e pós por capturar a diario e visitar poképaradas, como xa vos contamos.

Con todo, esa non era a gran actualización que todas agardabamos do xogo, pois unha vez que acadamos certo nível e con poucas novidades nas capturas, faise necesario ir introducindo máis exemplares. Iso é o que se pretende coa segunda xeración, que podería chegar bastante antes do que imaxinabamos.

A xente de Pokémon Go Hub estiveron analizando os metadatos dispoñíbeis da versión 0.45.0, a última dispoñíbel. Nela atoparon referencias á segunda xeración e o ataque de transformación de Ditto, que e o único Pokémon non lexendario que aínda non temos dispoñíbel. En total, son 100 novos Pokémon:

  1. Chikorita
  2. Bayleef
  3. Meganium
  4. Cyndaquil
  5. Quilava
  6. Typhlosion
  7. Totodile
  8. Croconaw
  9. Feraligatr
  10. Sentret
  11. Furret
  12. Hoothoot
  13. Noctowl
  14. Ledyba
  15. Ledian
  16. Spinarak
  17. Ariados
  18. Crobat ( evolución de Golbat)
  19. Cinchou
  20. Lanturn
  21. Pichu (cría de Pikachu)
  22. Cleffa (cría de Clafairy)
  23. Igglybuff (cría de Jiggybuff)
  24. Togepi
  25. Togetic
  26. Natu
  27. Xatu
  28. Mareep
  29. Flaffy
  30. Ampharos
  31. Bellosom (evolución alternativa de Gloom)
  32. Marill
  33. Azumarill
  34. Sudowodo
  35. Politoed (evolución alternativa de Poliwhirl)
  36. Hoppip
  37. Skiploom
  38. Jumpluff
  39. Aipom
  40. Sunkern
  41. Sunflora
  42. Yanma
  43. Wooper
  44. Quagsire
  45. Espeon (evolución de Eevee)
  46. Umbreon (evolución de Eevee)
  47. Murkrow
  48. Slowking (evolución alternativa de Slowpoke)
  49. Misdreavus
  50. Unown
  51. Wobbuffer
  52. Girafarig
  53. Pineco
  54. Forretreess
  55. Dunsparce
  56. Gligar
  57. Steelix (evolución de Onix)
  58. Snubull
  59. Grandbull
  60. Qwilfish
  61. Scizor (evolución de Scyther)
  62. Shuckle
  63. Heracross
  64. Sneasel
  65. Teddiursa
  66. Ursaring
  67. Slugma
  68. Magcargo
  69. Swinub
  70. Piloswine
  71. Corsola
  72. Remoraid
  73. Octillery
  74. Delibird
  75. Mantine
  76. Skarmory
  77. Houndoor
  78. Houndoom
  79. Kingdra (evolución de Seadra)
  80. Phanpy
  81. Donphan
  82. Porygon2 (evolución de Porygon)
  83. Stantler
  84. Smeargle
  85. Tyrogue (cría de Hitmonlee, Hitmonchan y Hitmontop)
  86. Hitmontop
  87. Smoochum (cría de Jynx)
  88. Elekid (cría de Electrabuzz)
  89. Magby (cría de Magmar)
  90. Milktank
  91. Blissey (evolución de Chansey)
  92. Raikou
  93. Entei
  94. Suicune
  95. Larvitar
  96. Pupitar
  97. Tyranitar
  98. Lugia
  99. Ho Oh
  100. Celebi

Malia todas estas referencias na versión actual do xogo, non se pode confirmar que os 100 novos Pokémon vaian chegar na seguinte actualización do xogo; é máis, pode que aínda teñamos que agardar uns meses. O único que significa é que a compañía está traballando no futuro da aplicación para conseguir manter o interese. Conseguiráo?

Sobre o autor

No Responses

Reply