As novidades que chegan co Bluetooth 5.0

bluetooth 5

Hai tecnoloxías que temos tan presentes e tan asumidas no noso día a día que ás veces sorprendémonos co que poden dar de si as súas novidades. Unha delas é Bluetooth, o estándar de conexión sen fíos a curta distancia que empregamos para emparellar o mans libres do coche, wearables, altofalantes ou compartir arquivos.

A mediados de xuño presentouse a última versión, Bluetooth 5, que chega para sustituír a 4.2, que é a que integran actualmente a gran maioría dos nosos móbiles e tablets. Porén, aínda será a finais de ano ou, con toda seguridade, na gama de trebellos do 2017 cando vexamos esta nova versión nos smartphones de maneira habitual.

¡O novo Bluetooth 5 aumenta a capacidade de transferencia de datos até nun 800% sobre 4.2 e aumenta a cobertura e alcance, polo que os dispositivos que se emparellen poden estar máis lonxe e compartir arquivos en moito menos tempo.

Indo a cifras concretas, o novo Bluetooth 5 podería ter unha cobertura de até 200 metros de radio e acadar velocidades de 100 Mbps, podendo admitir até 8 veces máis dispositivos sen que o seu funcionamento se vexa especialmente ralentizado.

Só queda pois agardarmos a que sexa realidade.

Sobre o autor

Reply