Amena adianta o Nadal e agasallas gigas extra en todas as tarifas até marzo

amega-gigas-nadal

En diferentes épocas do ano, nomeadamente no verán ou no Nadal, as operadoras adoitan lanzar promocións que teñen como obxectivo captar novas usuarias e, sobre todo, fidelizar ás actuais clientas. Porén, este ano Amena decidiu adiantar a súa promoción de Nadal ao mes de novembro, e desde hoxe está dispoñíbel.

A marca low cost de Orange decidiu repetir a estratexia comercial de incluír máis gigas de datos en todas as súas tarifas de móbil, sin que isto supoña un incremento no prezo da cota mensual ou esixa unha cota de alta. Deste modo, as usuarias da compañía poderán disfrutar de máis megas de navegación desde hoxe até o 28 de febreiro de 2017, data na que remata a promoción.

Deste modo, as tarifas de Amena quedan como seguen até o final da promoción

  • 1,5 GB, sms ilimitados e chamadas a 0 cént / min por 6,95 €/mes (logo da promo, volve a 1 GB).
  • 3 GB, sms e chamadas ilimitadas por 19,95 €/mes (despois, 2 GB)
  • 10 GB, sms e chamadas ilimitadas por 24,95 €/mes (despois, 7 GB)

Todos estes cambios aplícanse de maneira automatica a todas as clientas actuais ou ás que contraten durante este tempo os servizos de Amena, sen ter que facer ningunha xestión adicional.

Black Friday

amena-black-friday

Ademais de anunciar a promoción de Nadal, desde Amena tamén teñen activa outra vencellada ao Black Friday, pola que ofrecen descontos de até o 25% en varios móbiles. Sen dúbida unha das ofertas máis destacadas é a do Samsung Galaxy S6 por 338 euros, un prezo moi interesante para un dispositivo de gama alta.

Sobre o autor

Reply