Continúas xogando a Pokémon Go? Ben, temos boas novas para ti. En decembro, se non antes, Niantic liberará unha nova actualización que traerá importantes novidades que moitas xogadoras e xogadores veñen reclamando desde a versión inicial do xogo.
Segundo indican varias fontes, con esa actualización chegarán por fin as batallas con outros adestradores Pokémon, así como a posibilidade de poder intercambiar os nosos Pokémon con outras usuarias do popular xogo. Ademais, xunto a esta actualización chegarían os 100 novos Pokémon dos que vos falamos hai uns días e un novo Pokémon lexendario.
Tamén existe o rumor de que poderían aparecer os novos baby Pokémon, reemplazando nalgún caso a eclosión de ovos que vimos empregando desde que lanzou o xogo. Deste modo, os “Pokémon bebé” habería que evolucionalos para conseguir o Pokémon base. Entre eles estarían os seguintes
- Cleffa (bebé de Clefairy)
- Elekid (bebé de Electabuzz)
- Igglybuff (bebé de Jigglypuff)
- Magby (bebé de Magmar)
- Pichu (bebé de Pikachu)
- Smoochum (bebé de Jynx)
Outra novidade que Pokémon xa está probando nalgunhas zonas dos Estados Unidos é o novo radar Pokémon, que nos dá máis pistas sobre a aubicación dos Pokémon ao incluír unha imaxe do lugar. Crese que esta gran actualización traerá por fin esta funcionalidade a todo o globo.
Un secreto na aplicación que aínda ninguén descubriu
O CEO de Niantic, John Hanke, nunha entrevista a GamesRadar confirmou que actualmente hai un easter egg agochado no xogo que aínda non foi descuberto por ningún xogador. Segundo parece, foi introducida coa actualización de Halloween.
Cal será esa sorpresa? Hanke non quixo dar máis pistas sobre o tema e animou á xente a seguir xogando para tratar de descubrilo. A ver se o consegue alguén por aquí e no lo conta!