Orange prepara unha oferta converxente con 500 megas simétricos e máis de 10 GB de datos móbiles

orange-love

A operadora Orange está a traballar nunha nova tarifa converxente (fixo, móbil, fibra e datos móbiles) que dará a coñecer nos próximos días, e que ten como principal reclamo os 500 megas simétricos de fibra, así como unha agresiva oferta de datos móbiles “moi por riba dos 10 GB”, que poderán compartirse entre as liñas móbiles do mesmo contrato converxente.

O novo produto chamarase Love Familia Total e, segundo apuntou o conselleiro delegado de Orange España, Laurent Paillasot, nunha entrevista concedida ao xornal El País, “vai superar a mellor oferta de calquera operador” do mercado español.

A falta de coñecer os detalles deste novo produto converxente, parécenos moi interesante a opción de poder compartir un bono amplo de datos entre todos os membros da unidade familiar, algo que a compañía laranxa xa ofrece actualmente coas súas tarifas Love Familia Esencial (Internet fixo e dúas liñas móbiles con chamadas e 6 GB a compartir) ou Love Familia Sin Límites (oferta semellante con 10 GB).

Haberá que ver que entende Orange por “moi por riba dos 10 GB”, pero tendo en conta que din que será a oferta “máis agresiva de todos os rivais” deberían superar os 20 GB por liña que ofrece Yoigo con La Sinfín, así que non sería de extranar que estivésemos a falar de fibra a 500 megas e 50 GB de datos móbiles a compartir.

Nos próximos días coñeceremos todos os detalles deste novo produto de Orange, e se realmente é algo que compensa ou simplemente unha opción para presumir de ser os primeiros en lanzar os 500 megas simétricos.

Sobre o autor

No Responses

Reply