Vodafone celebra o “Black Friday” cunha interesante promoción de captación de novas clientas pola cal calquera persoa que contrate calquera modalidade de Vodafone One terá un desconto do 50% na cota até xuño de 2017. Ademais, a compañía británica tamén rebaixa varios smartphones e accesorios, aínda que neste caso beneficiaranse tanto as novas clientas como as actuais.
A rebaixa do 50% na cota de Vodafone One, que inclúe servizos fixos (teléfono e Internet), móbil e, opcionalmente, televisión, farase de xeito automático a todas as persoas que realicen unha nova alta ou portabilidade entre hoxe, luns 21, e o próximo luns 28 de novembro.
Na seguinte táboa pódense ver as opcións cos seus prezos en promoción e fóra dela.
ONE S | ONE M | ONE L/ TV Esencial | ||||||||||||
Fibra | 50Mb ADSL |
120 Mb | 300 Mb | 50Mb ADSL |
120 Mb | 300 Mb | 50Mb ADSL |
120 Mb | 300
Mb |
|||||
Móbil | 200 min | Chamadas ilimitadas | ||||||||||||
2 GB | 4 GB | 6 GB | ||||||||||||
Roaming na Unión Europea e os Estados Unidos | ||||||||||||||
Outra liña móbil gratis | Chamadas a 0 cent / min e 500 MB gratis 12 meses | |||||||||||||
Fixo | Chamadas ilimitadas a fixos e móbiles | |||||||||||||
Chamadas gratis entre a familia | ||||||||||||||
VODAFONE TV TOTAL | 3 meses gratis | |||||||||||||
Prezo/mes | 50€ 25€ |
58€ 29€ |
62€ 31€ |
61€ 30,50€ |
69€ 34,50€ |
73€ 36,50€ |
72€ 36€ |
80€ 40€ |
84€ 42€ |
|||||
25% en smartphones seleccionados
Do mesmo modo, para ese mesmo período de tempo, Vodafone tamén ten seleccionados varios terminais sobre os que aplicará un desconto sobre o seu prezo de venda habitual. Neste caso poderán beneficiarse tanto as novas altas como as clientas habituais que fagan renovacións de terminais ou migracións de cartón prepago a opcións de contrato. Algunhas destas ofertas son as seguintes.
- Huawei P8 Lite: 5 €/mes durante 24 meses con Vodafone One S (1800 unidades).
- ZTE A512: 4€/mes durante 24 meses con Vodafone One S (600 unidades).
- Sony Xperia XA: 6€/mes durante 24 meses con Vodafone One M, limitado a (1000 unidades).
- Sony Xperia X: 13€/mes durante 24 meses con Vodafone One M, limitado a (400 unidades).
En canto aos accesorios, haberá descontos no catálogo de até o 60%, polo que pode ser unha moi boa oportunidade para facerse con eles para acompañar o noso móbil.