Desde hai xa bastante tempo Pepephone ofrece ADSL indirecto até 20 Mbps por 23,60 €/mes, unha oferta moi tentadora para que non precisa teléfono fixo. Porén, este prezo tentador só nos compensa se facemos un contrato con vistas a telo operativo durante bastante tempo, pois hai que sumar unha cota de alta de 90,75 € (42,35 € se é unha portabilidade) e dispór dun router ou mercalo.
A compañía dos lunares, que agora é propiedade de Másmóvil, vén de estrear a súa oferta converxente, que integra nun novo produto Internet ADSL e móbil, mais sen ter teléfono fixo. As súas características son as seguintes:
- ADSL indirecto até 20 Mbps
- Chamadas desde o móbil a 0 cént/min durante os 20 primeiros minutos, logo 0,72 cént/min. O establecemento é de 18,15 céntimos.
- SMS a 10,89 céntimos.
- 1 ou 2 GB de datos móbiles
De escoller 1 GB de datos móbiles teremos que pagar 25,90 €/mes por todo, mentres que de preferir a opción con 2 GB de datos haberá que abonar 29,90 €/mes. Ao igual que acontece coa oferta de ADSL sen móbil, hai que pagar os 90,75 ou 42,35 € en concepto de alta.
Outras alternativas converxentes económicas
A oferta de Pepephone súmase a outras propostas converxentes económicas para aquelas usuarias que buscan ter Internet na casa e no móbil a prezos razoábeis, pero que poden prescindir de servizos adicionais como a televisión. Algúns exemplos económicos son o seguintes:
- Amena. As usuarias de Amena poden disfrutar do ADSL de Orange+ teléfono fixo con 1000 minutos en chamadas a 27,95 €/mes se se combina con algunha das tarifas de Amena: + 6,95 € (chamadas a 0 cént/min + 1 GB), + 19,95 €/mes (chamadas e sms ilimitados + 2 GB) ou + 24,95 €/mes (chamadas e SMS ilimitados + 7 GB).
- Másmóvil. Másmóvil ofrece diferentes combinacións de servizo fixo (Internet + teléfono; para ADSL, fibra 50 ou 300 Mbps) e móbil (chamadas ilimitadas e 1, 3 ou 8 GB) desde 36,89 €/mes para a opción máis económica (ADSL ou fibra 50 Mbps + móbil 1 GB) aos 51,89 €/mes para a máis cara (fibra 300 Mbps + móbil 8 GB).
- Eroski. A operadora vencellada á cadea de supermercados Eroski tamén resulta económica para a oferta converxente, sempre con ADSL de 20 Mbps. O seu prezo varía polos minutos que incluámos na tarifa móbil (50, 100, 250, 500, 1000) e a cantidade de datos (0, 250 MB, 500 MB, 1 GB, 2 GB ou 3 GB). Algúns exemplos: ADSL + 50 minutos + 1 GB por 31 € ou con 2 GB por 41 €.
Vós xa disfrutades dunha tarifa converxente na vosa casa? Que inclúe?
Pode competir en calidade de internet con R ?
Unicamente onde ambos van por acceso indirecto (ADSL). Noutro caso, a rede de R garante velocidade nun 80% polo que sería moito mellor que calquera acceso por ADSL
Moitas grazas pola resposta.
Ó decir que vai por ADSL indirecto parece que te refires á rede movistar. Xa me gustaría a min, pero a rede que emprega pepephone é a de vodafone, non?
Ola Gabriel,
Si e non. O funcionamento do ADSL de Pepephone é un tanto complicado, porque a cobertura facilítaa Vodafone, pero estes á súa vez en zonas teñen ADSL propio e noutras un acordo de indirecto con Movistar. Polo que nos comentaran cando lanzaron o servizo, en Galiza maioritariamente o acceso é indirecto Movistar (a través de Vodafone), pero hai zonas nas que Vodafone non ofrece ADSL (polo tanto Pepephone tampouco) e Movistar si