Innjoo regala un ano de seguro coa compra dos seus móbiles

seguros_innjoo

En varias ocasións tédesnos preguntado sobre a conveniencia ou non de contratar algún seguro adicional para protexer o noso recén estreado móbil, mais o certo é que dar unha resposta a esta cuestión non é tarefa doada. Desde logo, na meirande parte dos dispositivos económicos non compensa en absoluto facelo, e nos casos dos terminais máis premium hai que estudalo con tino.

O que desde logo non é para rexxeitar son as pólizas gratuítas que ás veces nos ofrecen as tendas ou o fabricante ao mercar un determinado modelo de dispositivo, como é o caso de InnJoo. Este fabricante vén de comezar a incluír en todos os dispositivos da súa nova gama a promoción “seguro gratis”, que como reza o seu nome é un seguro gratuíto que cubre danos accidentais.

Indo ao concreto, dependendo do modelo elixido o seguro estará vixente durante os 3 ou 6 primeiros meses logo de ter mercado o dispositivo e tras cubrir un formulario na web de InnJoo. Porén, a promoción non ten carácter indefinido, xa que unicamente estará vixente até o día 5 de xaneiro, polo que se estades a pensar en regalar un modelo desta marca a alguén por Nadal, sabede que o regalo será duplo.

Máis info | Información legal

Sobre o autor

Reply